Noticias

O PSdeG propón rehabilitar integralmente Peña Trevinca

O PSdeG de Ourense propón aproveitar a grave avaría rexistrada na rúa Peña Trevinca para executar unha rehabilitación integral, definitiva e sostible da vía, afastándose dunha actuación puntual baseada en remendos.

A rotura da calzada deixou ao descuberto o deterioro do subsolo, da rede de drenaxe e do firme nunha rúa con alta densidade residencial.

O PSdeG propón rehabilitar integralmente Peña Trevinca

Ademais, a contorna conta con dous centros educativos, o que incrementa a súa sensibilidade social e a necesidade de garantir seguridade e accesibilidade.

O PSdeG propón rehabilitar integralmente Peña Trevinca

Desde o grupo socialista consideran que a situación actual evidencia problemas estruturais que non se resolven con intervencións parciais. Por iso, trasladan unha proposta que aposta por unha actuación global que mellore a calidade urbana a longo prazo.

Actuación integral na rúa

A iniciativa das socialistas inclúe:

  • Renovación completa da calzada e das beirarrúas con criterios de accesibilidade universal.
  • Mellora da rede de drenaxe e das infraestruturas soterradas para evitar novas avarías.
  • Reordenación das beirarrúas, priorizando o tránsito peonil.
  • Instalación dunha nova iluminación pública eficiente e sostible.
  • Incorporación de arborado e pequenas zonas verdes.
  • Colocación de mobiliario urbano funcional e integración dunha pequena terraza ordenada e compatible coa convivencia veciñal.
  • Medidas de calmado do tráfico, sen carril bici, adaptadas á sección real da rúa.

O obxectivo, segundo trasladan, pasa por transformar Peña Trevinca nun espazo máis seguro, accesible e amable, adaptado ás necesidades reais da veciñanza.

Rehabilitación do parque infantil

A proposta contempla tamén a mellora do parque infantil situado ao final da rúa, un espazo moi frecuentado polas familias da zona.

A actuación permitiría renovar os xogos, substituír o pavimento por outro de maior seguridade, reforzar a accesibilidade e integrar o parque na nova imaxe urbana da contorna. O grupo socialista entende que esta intervención resulta coherente coa reforma integral da rúa e reforza o carácter familiar do ámbito.

Investimento e execución

O custo estimado da actuación sitúase entre 450.000 e 550.000 euros, cifra que inclúe tanto a intervención viaria como a rehabilitación do parque infantil. Desde o PSdeG defenden que se trata dun investimento acorde cunha obra de calidade, que evitaría actuacións recorrentes no futuro.

Dada a situación de urxencia derivada da avaría, sinalan que a obra podería tramitarse mediante un contrato de emerxencia, o que permitiría reducir prazos administrativos e executar os traballos nun período aproximado de entre 3 e 4 meses. O obxectivo sería minimizar as afeccións ao tráfico e garantir en todo momento o acceso seguro aos centros educativos.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.