Noticias

O TACGal avala a licitación do lixo

O TACGal avala a licitación do lixo en Ourense ao desestimar o recurso presentado por FCC Medio Ambiente contra o contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza urbana do Concello.

A resolución permite continuar o procedemento tras levantarse a suspensión cautelar.

O TACGal avala a licitación do lixo

Este contrato terá unha vixencia de 10 anos e un orzamento de 147 millóns de euros, máis IVE. O 12 de xaneiro abríronse as ofertas económicas das catro UTE presentadas.

O TACGal avala a licitación do lixo

A proposta mellor valorada é a da UTE SA de Obras y Servicios, COPASA — Setec Building SLU, cun importe anual de 13.839.013,55 euros, máis IVE, o que supón unha baixa do 6,15 %.

Resolución do tribunal

Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia considera axustada á normativa a exclusión de FCC Medio Ambiente por non presentar correctamente toda a documentación esixida.

A empresa alegou que se trataba dun “erro emendable”, pero o tribunal lembra que nun procedemento competitivo “as normas esenciais de apertura das ofertas (…) non se poden obviar”. A resolución entende que a recorrente pretendía adaptar a licitación aos seus intereses, achegando fóra de prazo a maior parte da súa proposta técnica.

O TACGal desestima o recurso e levanta a suspensión, polo que o proceso entra na súa fase final cara á adxudicación definitiva.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.