A presentación da Guía ilustrada do Entroido Galego celebrarase este venres 20 de febreiro, ás 19:00 h, na libraría OZOCOgz, en Ourense.
O acto contará coa presenza dos seus autores, Alba de Evan e Xabier Domínguez, que achegarán ao público un libro creado desde o amor e o coñecemento por unha das festas máis universais e, ao tempo, máis galegas.
OZOCOgz acolle a presentación da Guía ilustrada do Entroido Galego
A Guía ilustrada do Entroido Galego non está pensada só para crianzas. Trátase dunha obra para amantes do Entroido, que propón unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas.

Das terras de Laza cos seus peliqueiros ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, o libro percorre algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galiza.
A guía destaca polo seu ton divertido e ameno, acompañado das ilustracións de Iria Prol, e inclúe curiosidades pensadas para rir, aprender e espertar as ganas de correr tras as máscaras. O obxectivo é achegar o Entroido galego a todos os públicos sen perder rigor nin identidade.
Durante a presentación haberá tamén sorpresas para a cativada, cun obradoiro de pequenos brinquedos musicais. Ademais, todas as persoas que merquen o libro durante o acto recibirán un agasallo especial: un póster con todas as personaxes que aparecen na obra.
Evento: Presentación da Guía ilustrada do Entroido Galego
Data: Venres, 20 de febreiro
Hora: 19:00 h
Lugar: OZOCOgz

