Noticias

A Xunta impulsa a formación e o emprego en Ourense

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, presentou en Ourense novas medidas da Xunta para adaptar a formación ás necesidades das empresas e reforzar a contratación.

Nun encontro na sede da Confederación Empresarial de Ourense, explicou a orde Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas (8,5 M€), que esixe un compromiso de contratación do 40 % ao 60 % do alumnado. Tamén avanzou 4 M€ para formación de persoas ocupadas e a futura implantación de microcredenciais.

A Xunta impulsa a formación e o emprego en Ourense

No ámbito da contratación, destacou a liña Emprégate (19,7 M€), que priorizará quen recibise formación financiada pola Xunta.

A Xunta impulsa a formación e o emprego en Ourense
Foto: CEO

En comercio, salientou o programa Vilas Vivas en Ribadavia e o convenio coa Deputación para modernizar prazas de abastos.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.