O Concello de Ourense ampliará a súa oferta deportiva cunha nova media maratón de 21.097 metros, unha proba que responde á demanda de atletas da cidade e que reforzará o calendario de carreiras populares.
O anuncio realizouno o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen explicou que esta competición complementará outras citas consolidadas como o circuíto Correndo por Ourense ou a Carreira de San Martiño, de 10 quilómetros.
Ourense terá unha nova media maratón popular
“Sumaremos unha media maratón, que realmente é unha demanda dos e das deportistas”, sinalou.

O goberno municipal aposta por un percorrido sobre asfalto para permitir a súa homologación oficial. Entre as opcións que se estudan figura un trazado pola contorna do río Miño, polas estradas de Alongos e Os Peares, polo que será necesario coordinar a proba con outros concellos.
A organización tamén valora celebrar a carreira na primavera, evitando coincidir coa tradicional San Martiño.

