A nova secretaria xeral do PSdeG en Barbadás, Victoria Morenza Doforno, foi elixida por unanimidade nunha asemblea extraordinaria da militancia socialista.
A Agrupación Socialista de Barbadás constituíu a súa nova comisión executiva local tras a celebración dunha asemblea extraordinaria o pasado venres.
O PSdeG de Barbadás renova a súa executiva con Victoria Morenza á fronte
A militancia respaldou por unanimidade a única candidatura presentada, encabezada pola actual voceira do grupo municipal socialista, Victoria Morenza Doforno, que asumirá a secretaría xeral.

Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense sinalan que a nova dirección estará integrada por un equipo que combina experiencia e compromiso para reforzar o proxecto socialista no municipio.
Na nova executiva, Ana Belén Peleteiro será secretaria de organización; Alejandro Destar Liste, responsable de política municipal e acción electoral; e Modesta Seara Selas, secretaria de igualdade, sanidade e servizos sociais.
Completan o equipo Noemí Pintos Fondevila, en deportes e mocidade; José Carlos Álvarez Iglesias, en novas tecnoloxías; e Isabel Calabria Díaz, en infraestruturas e servizos públicos.
Dende o partido destacan a “unidade da militancia” arredor dun proxecto co obxectivo de reforzar o socialismo en Barbadás e construír unha alternativa política de cara ás eleccións municipais de 2027, nas que aspiran a recuperar a alcaldía.

