Noticias

A Xunta inicia a renovación da subida ao Seminario

A Xunta de Galicia iniciará as obras de renovación integral da OU-413, coñecida como subida ao Seminario, cun investimento de máis dun millón de euros para mellorar a mobilidade e os servizos nesta zona da cidade de Ourense.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, informou do comezo da actuación nun encontro coa veciñanza na sede da Asociación de Veciños de Vistahermosa.

A Xunta inicia a renovación da subida ao Seminario

A intervención afectará a un treito duns 500 metros e inclúe a reordenación da vía, a creación de novas beirarrúas e pasos peonís e a renovación de servizos municipais como abastecemento, saneamento e iluminación pública.

A Xunta inicia a renovación da subida ao Seminario
Foto: Delegación da Xunta

O proxecto tamén contempla o soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións, a aplicación dun novo firme e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Segundo explicou Pardo, trátase dun proxecto consensuado co Concello de Ourense, que asumirá a titularidade da vía unha vez rematadas as obras.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.