O alcalde do Coles, Manuel Rodríguez, anunciou a súa renuncia á alcaldía tras 19 anos á fronte do Concello. A decisión farase efectiva no pleno celebrado na xornada de hoxe.
Na súa despedida, o rexedor explicou que se trata dunha decisión “moi meditada”, tomada tras reflexionala coa súa familia e co equipo de goberno.
Manuel Rodríguez renuncia á alcaldía de Coles tras 19 anos
Rodríguez asegurou que chega “o momento de concluír a miña etapa na alcaldía de Coles”.

O xa exalcalde deixa o cargo cunha “mestura de orgullo, satisfacción e profundo agradecemento” tras case dúas décadas ao servizo da veciñanza. Durante a súa intervención agradeceu o traballo do persoal municipal, o compromiso do seu equipo de goberno e o apoio das veciñas e veciños ao longo destes anos.
Rodríguez continuará formando parte da corporación municipal como concelleiro e expresou a súa confianza na que será a nova alcaldesa, Susana Rodríguez, á que acompañará “coa mesma lealdade e compromiso”.
