Noticias

A Sala Valente acolle “Marzo todo o ano”

A Sala Valente de Ourense acolle a exposición “Marzo todo o ano”, unha mostra enmarcada na programación do 8M, Día Internacional da Muller 2026.

Esta iniciativa, que celebra a súa segunda edición, reúne obras de 25 artistas plásticas ourensás, poñendo en valor o talento feminino no ámbito das artes visuais.

A Sala Valente acolle “Marzo todo o ano”

A exposición conta coa colaboración da comisaria e consultora de arte Olga Pastor Alvarado, quen participa na coordinación do proxecto.

A Sala Valente acolle “Marzo todo o ano”

Entre as creadoras participantes figuran Ana Navas López, Cristina Roo, De Padua, Ana Fernández, Carmucha Vázquez, Olga Reinoso, Elena Guevara, Mayte Diz, Ana Ferreiro, Isabell Seidel, Lola Doporto, Tareixa Taboada, Ehlaba Carballo, María Puertas, Sula Repani, Alba Fernández, Gill Bird, Susi Ballester, Laura Paz Somoza, Inma Solleiro, Lola Veiras, M. Manxela, Mª Victoria Berjano Cid, Anxos do Souto e Ofelia Cardo.

A mostra incorpora ademais códigos QR. Esto permite ao público acceder a información detallada sobre a traxectoria de cada artista, reforzando así o carácter divulgativo da proposta.

A exposición poderase visitar ata finais de maio no espazo municipal da rúa do Paseo, en horario de:

  • martes a sábados de 11:00 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h, e
  • domingos de 11:00 h a 13:30 h.

Botón volver arriba