A volta ciclista O Gran Camiño protagonizou hoxe unha intensa xornada na provincia de Ourense, cunha etapa de montaña entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo, con final no Alto do Meda.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou no acto de corte de cinta e na entrega de premios desta cuarta etapa, que conta coa colaboración da Administración autonómica.
Ourense acolle unha esixente etapa de O Gran Camiño
A xornada destacou pola súa dureza, cun percorrido esixente que puxo a proba a resistencia do pelotón nun trazado marcado polos desniveis propios do interior da provincia. A chegada ao Alto do Meda foi un dos momentos clave da etapa, determinante para a clasificación.

A proba O Gran Camiño. The Historical Route percorre Galicia desde o pasado 14 de abril ata mañá, 18 de abril, atravesando as catro provincias galegas ao longo de cinco etapas.

