Noticias

O PSdeG-PSOE impulsa melloras no campo de fútbol dos Carrís

O PSdeG-PSOE de Barbadás defenderá no pleno do 4 de maio unha moción para reforzar o mantemento do campo de fútbol dos Carrís e do polideportivo, co obxectivo de garantir instalacións deportivas de calidade.

A proposta inclúe actuacións como a drenaxe do campo de fútbol 8, reparacións na zona de acceso, impermeabilización dos vestiarios e a posta en marcha dun servizo de vending.

O PSdeG-PSOE impulsa melloras no campo de fútbol dos Carrís

A concelleira Noemí Pintos Fondevila asegura que se trata dunha iniciativa “útil e realista”. “O deporte é convivencia, saúde e comunidade, e as instalacións municipais teñen que estar á altura”, afirma.

O PSdeG-PSOE impulsa melloras no campo de fútbol dos Carrís

Desde o grupo socialista destacan que investir en mantemento permite mellorar os servizos e fortalecer o deporte base. “Investir en mantemento é tamén investir en futuro”, engade a edil.

Botón volver arriba