A Subdelegación do Goberno en Ourense organiza do 18 ao 24 de maio a Semana da Administración Aberta 2026.
Esta institución preparou un programa de actividades para achegar a administración á cidadanía e promover a transparencia e a participación.
Ourense celebra a Semana da Administración Aberta
O martes 19 de maio, ás 11:00 h, alumnado do CIFP Portovello participará nunha xornada de portas abertas na Subdelegación, con visita guiada, obradoiro sobre certificado dixital e percorrido pola exposición de cadros do edificio.

O mércores 20 celebrarase a formación “O certificado dixital no teu móbil”, dirixida a empregados públicos. Tamén se presentará o programa UNICO Demanda Rural, centrado na extensión da banda ancha.
O xoves 21 terá lugar un encontro con institucións e entidades que traballan en violencia de xénero, con participación de Policía Nacional, Fiscalía, Estranxeiría e a Unidade contra a Violencia sobre a Muller.
O programa pecharase o venres 22 cunha visita ao Parque Botánico de Montealegre, dirixida a persoal da Administración Xeral do Estado, con 50 persoas inscritas.
