O BNG de Barbadás levará ao próximo pleno unha proposta para que o Concello destine o remanente da partida orzamentaria da Base 42ª á contratación de persoal que permita garantir un servizo de Bos Días Cole universal e gratuíto nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.
Sarín Núñez, portavoz nacionalista, lembra que a formación xa presentou varias iniciativas para ampliar este servizo e cubrir toda a demanda existente.
O BNG de Barbadás reclama máis persoal para o Bos Días Cole
Segundo denuncia, aínda non se concretou ningunha medida para evitar que familias queden sen praza, como xa ocorreu en cursos anteriores.

O BNG advirte de que esta situación pode afectar á matrícula dos centros públicos do concello e considera necesario reforzar os servizos complementarios vinculados ao ensino público.
Núñez defende que o Goberno local debe empregar todos os recursos dispoñibles para garantir a cobertura do Bos Días Cole e propón que o remanente da partida destinada ás retribucións e indemnizacións da Corporación se dedique a ampliar o persoal deste servizo.

