Noticias

O BNG pide recuperar a parcela anexa ao Hospital de Piñor

O BNG de Barbadás levará ao pleno deste luns unha iniciativa para instar á Xunta de Galicia a recuperar e acondicionar a parcela pública de arredor de 6.269 metros cadrados situada xunto ao Hospital de Piñor.

Esta proposta ten como obxectivo convertela nun espazo de uso para a veciñanza e para as persoas usuarias do centro sanitario.

O BNG pide recuperar a parcela anexa ao Hospital de Piñor

Segundo a formación nacionalista, o terreo leva décadas nun estado de abandono, malia o seu valor ambiental e social. O portavoz do grupo municipal, Sarín Núñez, afirma que “estamos diante dun espazo público que leva décadas nun evidente estado de abandono” e sostén que foi concibido como un complemento verde para o hospital.

O BNG pide recuperar a parcela anexa ao Hospital de Piñor
Foto: BNG

Na moción, o BNG tamén solicita que o Concello estude un convenio coa Xunta para compatibilizar o uso sanitario da parcela co seu aproveitamento público, garantindo a conservación ambiental e o respecto ás necesidades do complexo hospitalario.

Botón volver arriba