O Concello de Barbadás abre este domingo, 13 de xullo, o prazo de inscrición para o servizo municipal de transporte para o alumnado de bacharelato correspondente ao curso 2026/2027.
Esta iniciativa busca facilitar a mobilidade das familias do municipio, xa que a Consellería de Educación non presta este servizo nesta etapa educativa.
Barbadás abre as inscricións para o transporte de bacharelato 2026/2027
O transporte está dirixido ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Bacharelato no IES Ferro Couselo durante o próximo curso escolar. No caso de que queden prazas libres tras atender estas solicitudes, tamén poderán acceder ao servizo estudantes do IES Universidade Laboral.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto do 13 de xullo ao 4 de setembro de 2026. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, de maneira presencial no rexistro municipal —na Casa do Concello ou nas oficinas da Valenzá— ou en calquera dos rexistros habilitados pola Lei 39/2015.
O Concello publicará a listaxe de persoas admitidas e excluídas o 8 de setembro na súa páxina web. A identifición das persoas solicitantes será mediante o número de rexistro de entrada. Ademais, será posible solicitar a incorporación ao servizo unha vez rematado o prazo oficial, sempre que existan prazas dispoñibles.
En canto ao custo, o prezo público establecido será de 10 euros nos meses de setembro e xuño. Entre os meses de outubro e maio ascenderá a 20 euros mensuais.

