Noticias

Avante Ourense reclama contundencia ante as agresións sexuais

A organización traslada o seu apoio ao profesorado no inicio do curso e pide máis recursos para o ensino público

Avante Ourense trasladou unha mensaxe de ánimo ao profesorado ante o inicio do curso 2026/2027 e reclamou unha resposta “absolutamente contundente” ante calquera agresión ou violencia sexual nos centros educativos.

Avante Ourense reclama contundencia ante as agresións sexuais

A formación, a través dun comunicado, defende que os centros deben ser espazos seguros e reclama a activación inmediata dos protocolos. O portavoz, Francisco Diéguez, asegura que “a protección, seguridade e benestar da vítima deben estar sempre por diante de calquera outra consideración”.

Avante Ourense tamén denuncia a falta de recursos no ensino público e pide máis medios humanos e materiais para o profesorado. A organización menciona as denuncias da Marcha Mundial das Mulleres sobre o IES Xulio Prieto Nespereira como exemplo da necesidade de investigar estas situacións con rigor e rapidez.

Avante Ourense reclama contundencia ante as agresións sexuais

A formación reclama finalmente unha actuación eficaz da Inspección Educativa e reitera a súa defensa dun ensino público de calidade e seguro para todo o alumnado.

Botón volver arriba