Noticias

O BNG de Barbadás reclama impulsar o transporte metropolitano

O Pleno do Concello de Barbadás aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para impulsar a posta en marcha do transporte metropolitano na comarca de Ourense.

A formación nacionalista reclama ao Goberno local unha maior implicación, xunto co resto das administracións, para concretar coa maior brevidade posible a implantación dun servizo que considera altamente demandado pola veciñanza.

O BNG de Barbadás reclama impulsar o transporte metropolitano

O portavoz do BNG, Sarín Núñez, lembrou que en xullo de 2024 se constituíu un Comité Técnico-Político no que participan a Xunta, a Deputación, o Concello de Ourense e diferentes municipios da contorna, entre eles Barbadás. Porén, os nacionalistas denuncian que o proceso permanece paralizado.

O BNG de Barbadás reclama impulsar o transporte metropolitano

Desde o BNG sinalan que o transporte metropolitano debe mellorar a conexión entre concellos, facilitar o acceso aos servizos públicos e contribuír á vertebración territorial da comarca.

A moción tamén insta a que a Xunta de Galicia asuma a financiación das actuacións necesarias para reorganizar e reforzar o transporte público, atendendo ás súas competencias en materia de transporte interurbano.

Botón volver arriba