O Club Ximnasia Pavillón Ourense contará con dez ximnastas e a adestradora Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio na selección española que participará nos Mundiais de trampolín e tumbling de Nankín (China), do 4 ao 15 de novembro.
O Mundial Senior celebrarase do 4 ao 8 de novembro e contará coa participación de Lucas Domuro Arias en Dobre Minitramp. Posteriormente, do 12 ao 15, terá lugar o Mundial por Idades e o Campionato do Mundo Junior.
Dez ximnastas do Ximnasia Pavillón, convocados para os Mundiais de Nankín
No Mundial por Idades competirán Fabio González Fernández, Breixo Miranda Fernández, Daniela Rodríguez Augusto, Claudia Blanco Cidón, Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Pérez, tanto en trampolín individual como, nalgúns casos, en sincronizado.

Pola súa parte, no Campionato do Mundo Junior participarán Uxía Blanco Cidón, en trampolín individual, e Mario Monteagudo Blanco e Iván Pacios Miguel, en trampolín sincronizado.
A adestradora do club Inmaculada Pazos formará parte do equipo técnico da selección española e exercerá tamén como xuíza internacional no Mundial Senior. Ademais, Noa Puente-Dodd Álvarez, a ximnasta máis veterana da entidade, estrearase como xuíza internacional.

