Noticias

O PSOE pide recuperar os camiños escolares seguros

O PSOE de Ourense reclama recuperar o programa de camiños escolares seguros que a cidade puxo en marcha en 2009 para facilitar os desprazamentos a pé do alumnado e mellorar a seguridade nas entradas e saídas dos centros educativos.

A voceira socialista, Natalia González, sinala que as concentracións de vehículos, as dobres filas e os problemas de estacionamento nas inmediacións dos colexios evidencian a necesidade de actuar sobre a mobilidade escolar.

O PSOE pide recuperar os camiños escolares seguros

A proposta pasa por deseñar rutas seguras coa participación dos centros educativos, ANPAS, Policía Local, asociacións veciñais e comercio de proximidade. Estes itinerarios contarían con pasos de peóns seguros, medidas de calmado do tráfico, velocidades axeitadas e puntos de encontro.

O PSOE pide recuperar os camiños escolares seguros

González lembra que Ourense foi “pioneira” neste modelo e defende recuperar a experiencia e adaptala ás necesidades actuais. Segundo o PSOE, os camiños escolares permitirían reducir a dependencia do vehículo privado e favorecer a autonomía dos menores.

As socialistas vinculan tamén a iniciativa á entrada en vigor, o 1 de outubro, do Real Decreto 518/2026, que, segundo indican, incorpora os camiños escolares seguros ao Regulamento Xeral de Circulación e permite aplicar medidas específicas de tráfico nas proximidades dos centros educativos.

Publicaciones relacionadas

Para o PSOE, esta actuación debe formar parte dunha política municipal permanente de mobilidade sostible, máis alá de iniciativas puntuais.

Botón volver arriba