A cantante Luz Casal será a protagonista da última cita da segunda edición do Festival Ou Yeah!, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na presentación do concerto, que conta co patrocinio de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo.
Luz Casal pechará o Ou Yeah! o 4 de outubro en Ourense
A artista presentará o seu novo traballo, Me voy a permitir, un dos proxectos máis persoais da súa carreira.

A programación do festival incluíu no mes de xuño as actuacións de Loquillo, Kitty, Daisy & Lewis e The Rapants en Expourense, así como o concerto de Burnin na Praza da Veracruz do Carballiño en xullo.
Nesta edición, o Ou Yeah! tamén incorpora unha dimensión gastronómica coa participación de cociñeiros ourensáns integrados en Cociña Ourense, que prepararán propostas específicas para cada cita.
Manuel Pardo destacou que os Concertos do Xacobeo apoian este ano preto dunha vintena de eventos na provincia de Ourense, co obxectivo de descentralizar a programación cultural e achegar propostas musicais a diferentes puntos do territorio.

