O PSdeG-PSOE de Ribadavia alerta de que caer por baixo dos 5.000 habitantes podería supoñer 200.000 euros menos de ingresos anuais e a perda de dous concelleiros.
Os socialistas responsabilizan o goberno local do PP, encabezado por César Fernández, e reclaman medidas para frear o descenso demográfico.
Ribadavia perdería 200.000 euros ao baixar dos 5.000 habitantes
A formación lembra que Ribadavia recuperara ese limiar ao remate de 2023, durante o anterior mandato progresista. Agora pide un plan para atraer novas familias, dinamizar a economía e garantir os servizos públicos.

O PSOE tamén advirte do impacto económico que a perda de poboación podería ter nun contexto de dificultades para as familias polas facturas da auga e do lixo. Ademais, cuestiona que unha posible fusión municipal poida resolver o problema sen medidas de recuperación demográfica.

