Noticias

Alejandro Destar renova á fronte das Xuventudes Socialistas

Alejandro Destar Liste foi reelixido delegado provincial das Xuventudes Socialistas de Ourense co 100 % dos votos emitidos no Congreso Provincial celebrado este domingo.

A candidatura ao Comité Provincial do PSdeG-PSOE tamén foi aprobada por unanimidade. Está integrada por Laura Liste, Miguel Gómez e Samara Rodríguez, con Brais González e Alba Figueroa como suplentes.

Alejandro Destar renova á fronte das Xuventudes Socialistas

Destar afronta esta nova etapa coa vontade de reforzar a participación da militancia e o traballo colectivo. «Sen personalismos, facendo equipo e valorando que todas as persoas teñen sempre algo que achegar», sinalou.

Alejandro Destar renova á fronte das Xuventudes Socialistas
Foto: PSeG-PSOE

O cargo pasa de denominarse coordinador provincial a delegado provincial, mantendo as mesmas funcións. Destar, secretario de Política Municipal e Acción Electoral do PSOE de Barbadás, continuará tamén na Executiva Provincial do PSdeG-PSOE como membro nato.

Botón volver arriba