Noticias

A Policía Local de Ourense salva unha muller nas vías do tren

Dous axentes da Policía Local de Ourense rescataron o pasado luns, 26 de outubro, unha muller que se atopaba nunha zona de vías ferroviarias, nas inmediacións do viaduto entre A Ponte e As Lagoas, ante a chegada dun tren á estación.

Os axentes accederon á zona e trasladaron a muller a un lugar seguro nunha intervención coordinada coa Policía Nacional e os servizos de seguridade de ADIF.

A Policía Local de Ourense salva unha muller nas vías do tren

Tras o rescate, os servizos sanitarios trasladárona ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

A Policía Local de Ourense salva unha muller nas vías do tren.

A alerta recibírona durante a mañá, despois de que se detectase a presenza dunha persoa no espazo ferroviario desde as inmediacións da rúa Manuel García. Polo momento, descoñécense as circunstancias que motivaron a súa presenza nas vías.

O Concello destacou a rapidez e profesionalidade dos axentes, así como a coordinación entre os distintos servizos para evitar consecuencias graves nunha zona de especial perigo.

Botón volver arriba