Noticias

Jácome propón un bono de 30 euros para 10 baños en As Burgas

O Concello de Ourense proporá crear un bono de 30 euros para utilizar a piscina termal das Burgas en 10 días diferentes, unha medida que o goberno municipal quere incorporar á ordenanza do servizo mediante unha alegación durante o período de información pública.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou a proposta este 28 de outubro, coa que cada baño custaría 3 euros e os usuarios poderían repartir os accesos ao longo do ano, sen necesidade de consumilos no mesmo mes.

Jácome propón un bono de 30 euros para 10 baños en As Burgas

Segundo explicou o rexedor, a nova tarifa está pensada especialmente para os residentes, que poderán escoller entre este bono de dez accesos e o abono mensual de 25 euros para utilizar as instalacións sen límite de visitas. Pola súa banda, a tarifa de 7 euros por día está máis orientada aos turistas.

Jácome propón un bono de 30 euros para 10 baños en As Burgas.

A proposta busca incorporarse ao texto definitivo da ordenanza, aprobada inicialmente polo Pleno municipal o pasado 18 de outubro, antes da súa aprobación definitiva.

Botón volver arriba