O Concello de Barbadás abre unha nova edición do concurso infantil de tarxetas de Nadal, dirixido ao alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.
A iniciativa, promovida pola Concellería de Educación, busca fomentar a creatividade e a expresión artística dos máis pequenos.
Barbadás convoca o concurso infantil de tarxetas de Nadal
O certame establece dúas categorías: unha para estudantes de 1º a 3º de Primaria e outra para os de 4º a 6º.

Os participantes deberán elaborar unha postal de Nadal en papel ou cartolina, en tamaño DIN A5, empregando libremente os estilos e as técnicas artísticas.
As creacións poderán entregarse ata o 23 de novembro ás 14:00 h na Casa da Cultura Manuel María ou nas conserxerías dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.
O xurado seleccionará dúas tarxetas por categoría e dará a coñecer os nomes dos gañadores a partir do 26 de novembro. Os autores das catro propostas elixidas recibirán unha recepción especial de Papá Noel con sorpresas.

