Noticias

Avante Ourense reclama un plan galego de atención á diversidade

A organización pide á Xunta máis profesorado especializado, persoal auxiliar e recursos para garantir a inclusión educativa nos centros públicos.

Avante Ourense reclama á Xunta un Plan Galego de Reforzo da Atención á Diversidade que garanta os recursos necesarios para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Avante Ourense reclama un plan galego de atención á diversidade

No marco da iniciativa Ensinar importa, a organización trasladou á Consellería de Educación unha serie de propostas que inclúen reforzar o profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, os departamentos de orientación e o persoal auxiliar coidador, así como cubrir con rapidez as baixas dos especialistas.

Avante Ourense reclama un plan galego de atención á diversidade.

Tamén reclama establecer prazos para avaliar as necesidades educativas, garantir as horas de atención especializada e crear un fondo específico para financiar estes recursos.

Avante Ourense solicitou unha reunión oficial coa Consellería para presentar as medidas e coñecer os posibles compromisos da Xunta.

Publicaciones relacionadas

O seu responsable, Francisco Diéguez, lembra que «non abonda con recoñecer o dereito á inclusión educativa. Hai que garantir que ese dereito se cumpra en cada aula, en cada centro e para cada alumno e alumna».

Botón volver arriba