O Museo do Viño de Galicia, situado en Santo André de Camporredondo, acollerá o vindeiro 16 de novembro as V Xornadas Falemos do Futuro da Vitivinicultura Galega, unha cita destinada a promover a cultura do viño e impulsar o enoturismo.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na presentación da iniciativa, organizada polo Museo do Viño, xunto coa súa directora, María del Pilar Núñez. Pardo destacou a participación de relatores como Miguel Crunia e Susie Barrie e Peter Richards.
O Museo do Viño acollerá as V Xornadas sobre vitivinicultura
Durante o acto, o representante autonómico puxo en valor o peso económico do sector vitivinícola, a súa capacidade para crear emprego e a súa contribución ao desenvolvemento rural.

Tamén repasou as medidas de apoio da Xunta, entre elas as axudas á reestruturación dos viñedos, á transformación e comercialización dos produtos e á promoción internacional. Ademais, lembrou que Galicia conta con cinco denominacións de orixe e cinco indicacións xeográficas protexidas.

