O delegado da Xunta visitou o CPI Terras de Maside, onde se desenvolve un taller de prevención da violencia sexual dirixido ao alumnado.
Manuel Pardo destacou o Centro de Crise 24 horas de Ourense como referente na atención ás vítimas de violencia sexual durante unha visita ao CPI Terras de Maside con motivo do 25N.
Manuel Pardo destaca o Centro de Crise 24 horas de Ourense
O centro educativo acolle un taller de sensibilización e prevención dirixido aos escolares. Pardo subliñou o papel da comunidade educativa na promoción da igualdade e na prevención de comportamentos sexistas e da violencia dixital.

O Centro de Crise 24 horas, situado no PAC da rúa Concello, ofrece atención psicolóxica, social e xurídica, ademais de asesoramento e acompañamento ás vítimas.
O delegado felicitou os profesionais do recurso e insistiu na importancia de contar con ferramentas para previr, detectar e actuar fronte á violencia machista.

