A carreira pedestre do San Martiño muda de data e non se celebrará o primeiro domingo despois da festividade de San Martiño como é tradición.
Ourense terá unha nova edición da Carreira Popular de San Martiño o domingo, 20 de novembro. A elección desta data supón rachar coa tradición que sitúa esta proba deportiva no primeiro domingo despois da festividade de San Martiño.
A carreira do San Martiño muda de data
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, indicou as razóns que levaron a esta modificación. Segundo indicou o rexedor ourensán na xuntanza do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, o anterior presidente non informou da data do 13 de novembro á Federación Galega de Atletismo.
Por este motivo e por solidariedade coa carreira que terá lugar en Negreira, Ourense celebrará a súa carreira popular o 20 de novembro.