Noticias

A Deputación colaborará na recuperación de espazos rurais en Allariz

A Deputación provincial de Ourense colaborará na recuperación de espazos rurais no concello de Allariz. A reunión entre Manuel Baltar, presidente da institución provincial, e Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, deu como resultado un convenio de colaboración.

Esta «alianza de colaboración que desde hai tempo mantemos os gobernos provincial de municipal» destaca Manuel Baltar, permitirá realizar diferentes obras.

A Deputación colaborará na recuperación de espazos rurais en Allariz

A mellora de infraestruturas deportivas, pavimentación de rúas e recuperación de fornos, fontes e lavadoiros forman parte do proxecto. Para poder financiar esta colaboración, a Deputación realizará unha modificación de crédito no mes de setembro. O apoio económico da deputación «vai permitir facer fronte ao aumento de custos provocado pola importante suba das materias primas» indica Cristina Cid

A Deputación colaborará na recuperación de espazos rurais en Allariz
Foto: depourense.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba