Noticias

A Gudiña recupera parada de tren con novos horarios

A Gudiña recupera parada de tren con novos horarios tras a reunión entre o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a Plataforma Dereito ao Tren.

Os cambios, anunciados polo presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, permitirán viaxar a Madrid pola mañá e regresar no día.

A Gudiña recupera parada de tren con novos horarios

“O Goberno de España amosa unha vez máis a súa sensibilidade coa poboación do rural”, destacou Santos.

A Gudiña recupera parada de tren con novos horarios
Foto: Subdelegación do Goberno

Desde o 20 de maio, o Alvia Lugo–Madrid parará na Gudiña ás 7:44 h (chegada a Madrid ás 10:13h). Ademais, o tren Madrid–Galicia adiántase e fará parada ás 9:02 h, mellorando a conexión con Ourense, Santiago e A Coruña.

Santos subliñou o aumento da demanda tras a chegada da Alta Velocidade e comprometeuse a trasladar novas demandas ao Ministerio. Tamén pediu á Xunta reforzar o transporte por estrada para mellorar a conectividade interna.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba