A MIT (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia) destaca en calidade e participación durante a edición de 2022 celebrada este mes de xullo.
Recuperar toda a súa forza tras dous anos de limitacións impostas pola pandemia era o principal obxectivo da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
A MIT destaca en calidade e participación
A organización da MIT preparou para esta edición unha intensa programación onde a calidade e a innovación eran os elementos principais das propostas realizadas. Esta calidade ten o seu reflexo na alta participación de público, a valoración dos espectáculos e no incremento do número de abonos vendidos.

Foi precisamente este público quen decidiu un dos premios da edición da MIT 2022. O Premio do Público foi para a obra Hamlet. Este espectáculo obtivo unha puntuación de 4,78 (dun máximo de 5).
Premio do Público 2022
- «Hamlet» – Compañía Teatro La Plaza (Perú) – 4,78 puntos
- «Demente» – 4,68 puntos
- «La Infamia» – 4,42 puntos
Os foros da MIT foron un éxito de participación tódolos días ó lograr completar o aforo. Tamén obtivo unha gran relevancia o 1º Encontro Interxeracional de Profesionais das Artes Escénicas de Galicia. Este evento permitiu analizar as distintas problemáticas que afronta o sector e a procura de solucións.
Ribadavia pecha a 38º edición da MIT cunha valoración positiva tras confirmar un ano máis o atractivo deste evento. 2022 está sendo un ano de recuperación de moitos eventos que durante a 2020 e 2021 foron suspendidos ou limitados. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reafírmase (unha vez máis) no circuíto cultural nacional e internacional.