O músico Abraham Cupeiro presenta «Mythos» no Auditorio Municipal de Ourense este venres, 1 de marzo, ás 20:30h.
Gravado nos estudios de Abbey Road de Londres durante o mes de decembro, Mythos supón un novo paso na traxectoria musical de Cupeiro.
Abraham Cupeiro presenta «Mythos» en Ourense
No concerto que Abraham Cupeiro realizará no Auditorio de Ourense, estará acompañado pola Orquestra Gaos. O espectáculo permitirá ós asistentes realizar unha viaxe polas mitoloxías árabes, célticas, romanas e gregas.
A recuperación de instrumentos de esas épocas permite realizar esa viaxe da man do recoñecido músico Abraham Cupeiro. Instrumentos como o Aulós, vencellado á Deusa Atenea, ou o Cornu, recuperado das cinsas de Pompeya soarán no Auditorio de Ourense.