Noticias

Algo se move na área de urbanismo

Algo se move na área de urbanismo do concello de Ourense que segundo o grupo municipal do BNG está sumida nun «caos organizativo sen precedentes».

Luís Seara, portavoz municipal do BNG, indica que «estase procedendo a unha nova reorganización dentro da propia Concellería dos postos de traballo».

Algo se move na área de urbanismo

Ó mesmo tempo, e segundo indica Luís Seara, «estase cambiando o mobiliario existente cando o certo é que non era nin moito menos unha necesidade».

Para o BNG «é indignante que onte mesmo no Pleno, a Concelleira de Servizos Sociais argumentase non ter cartos para manter os programas de conciliación nos Centros Cívicos e pola contra, gasten centos de miles de euros en cambiar mobiliario que se atopa en perfecto estado de uso».

Algo se move na área de urbanismo
Foto: BNG de Ourense

Durante a fin de semana, unha empresa está cambiando este mobiliario. Para Seara, esa empresa privada «a cal está a retirar o mobiliario existente e substituíndoo polo novo, movendo milleiros de documentos e expedientes, moitos deles con información moi sensible pois falamos de disciplina urbanística, tramitación de subvencións, expedientes de infraccións, etc… sen a supervisión de ningún funcionario, recaendo a perda ou o visionado de calquera documento nos propios técnicos municipais, que son os que teñen a garda e custodia de cada expediente».

Botón volver arriba