Noticias

Ambicioso proxecto de Ribadavia para rehabilitacións na Zona Histórica

Un ambicioso proxecto elaborado polo concello de Ribadavia busca financiamento para realizar varias rehabilitacións na Zona Histórica.

O Ministerio de Cultura foi a entidade na que o concello de Ribadavia presentou este proxecto que necesita máis de dous millóns de euros.

Ambicioso proxecto de Ribadavia para rehabilitacións na Zona Histórica

Seis rúas e un edificio municipal forman parte deste proxecto denominado «Proxecto Sostible de Mantemento e Rehabilitación no Conxunto monumental e Artístico de Ribadavia».

Ambicioso proxecto de Ribadavia rehabilitacións na Zona Histórica

O portavoz do goberno municipal, Brais Fidalgo, mostrou a súa satisfacción por poder presentar un proxecto tan ambicioso que optará ás axudas do Ministerio. O proxecto consta de dúas liñas de actuación que terían un período de execución de 24 meses.

  • Reforma de seis rúas e Prazas do conxunto Histórico de Ribadavia (1.597.508,50 euros)
    Pavimentos, equipamentos e infraestruturas na Rúa Yáñez, Travesía de Santiago, Rúa de Cervantes, Rúa Rodríguez Moure, Praza de San Xoán e Rúa Tomás de Lemos.
  • Rehabilitación dun inmoble para equipamento turístico (795.000 euros)
    Rehabilitación dun inmoble na rúa Salgado moscoso para equipamento turístico-cultural no Conxunto Histórico de Ribadavia.

Botón volver arriba