Noticias

Aprobada a moción socialista sobre termalismo

Foi aprobada a moción socialista sobre a recuperación do termalismo que se debateu no pleno municipal deste venres, 1 de marzo.

Os votos a favor do PP, BNG e PSOE permitiron a probar unha moción para que o concello de Ourense traballe en colaboración con outras institucións para recuperar o termalismo.

Aprobada a moción socialista sobre termalismo

José Ángel Vázquez Barquero, concelleiro socialista, indicou que o alcalde «actúa coa prepotencia propia dun novo rico. Só sabe confrontar. Dialogar e cooperar son verbos que non coñece porque non sabe ou porque non quere facelo».

A moción socialista pedía que o concello de Ourense entrase na mesa termal provincial. Paralelamente, animaba a que iniciase os trámites coa Xunta de Galicia para conformar o consorcio interinstitucional. Estas accións permitirían á cidade abandonar «unha situación calamitosa e caótica na que ningunha instalación termal opera con normalidade».

Tamén se aprobou no mesmo pleno outra moción socialista sobre a conciliación nos centros cívicos. Natalia González Benéitez, portavoz socialista, indicou que «xa comezamos o mandato, alá polo mes de xullo, coa matraca de que a continuidade do programa estaba no aire e o goberno suprimía as actividades de verán dos centros cívicos municipais».

Aprobada a moción socialista sobre termalismo
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

González Benéitez incidiu en que «cando os temas sociais entran pola porta Jácome sae pola ventá, o que non nos sorprende porque é un paralelismo da súa forma de gobernar».

A moción socialista para defender a continuidade dos programas de conciliación persegue «non só manter o que xa funciona, senón para que se aumente o número de prazas e actividades ofertadas». Nesta liña indicou que este programa «non só se faga durante o período lectivo, senón tamén en época de vacacións».

Botón volver arriba