Arranca o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén coa inauguración das pistas de adestramento para vehículos todoterreo e motobombas.
Numerosos representantes políticos das institucións implicadas co funcionamento deste centro estiveron presentes no acto de inauguración das novas pistas.
Arranca o Centro Integral de loita contra o lume de Toén
Promovidas pola Xunta de Galicia, conta coa Deputación de Ourense como entidade colaboradora para acondicionar a estrada de acceso ó complexo. José González, conselleiro de Medio Rural, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Ricardo González, alcalde de Toén, foron algunhas das personalidades presentes no acto.
Miguel Santalices, director do antigo hospital psiquiátrico de Toén e actual presidente do Parlamento de Galicia, tamén estivo no acto no que se entregaron 13 vehículos ó Servizo de Prevención e Extinción de Incendios.
Nesa loita contra o lume, Manuel Baltar destacou o papel da Deputación de Ourense. «Non só poñemos á disposición da Xunta a nosa maquinaria nos labores de extinción, senón que tamén adquirimos tractores con rozadoiras para que os concellos podan facer traballos de prevención».
Ricardo González-Vallejo destacou «a sensibilidade de recuperar estas instalacións» que permite «darlle unha solución á ruína do antigo sanatorio».
O Centro Integral en cifras
- As pistas de adestramento inauguradas teñen 1.400 metros de lonxitude
- A inversión nestas pistas de formación alcanzou os 900.000 euros
- O orzamento total deste proxecto é de 15 millóns de euros
- A inversión realizada ata o momento é de 3,5 millóns de euros
- As 13 motobombas entregadas tiveron un custe de 3,3 millóns de euros