A artesanía e os produtos locais chegan da man do Tangaraño cultural de Sobradelo coa I Feira de Arte Bulebule.
A Colexiata de Xunqueira de Ambía acollerá os días 28 e 29 de maio unha feira de artesanía. Organizada pola Asociación Tangaraño de Sobradelo, a feira conta co apoio do concello de Xunqueira de Ambía.
Artesanía e produtos locais da man do Tangaraño
A feira durará dous días e contará coa participación de numerosos artesáns. Olería, coiro, xoiaría ou textil estarán presentes na feira.

Listado de artesáns presentes na feira e distribución:


Ademais da actividade realizada polos artesáns, a I Feira de Arte Bulebule terá danza e sendeirismo. O sábado 28 as 12h, está prevista a actuación dos grupos de Danza D-ou-tras (Universidade de Vigo) e A casa vella.
Pola tarde, as 16h, unha andaina con saída no edificio do concello dirixirase ó Castro de Xunqueira. Para formar parte da mesma é precisa unha inscrición previa.

Un comentario