Xa coñecemos a programación do Tangaraño Cultural 2022 que alcanza a súa novena edición cunha importante programación nos concello de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas.
O IX Tangaraño Cultural xa está aquí para desenvolver unha intensa actividade cultural desde o 28 de maio ata o 11 de xuño.
Programación do Tangaraño Cultural 2022
Non se entende o Tangaraño Cultural sen a localidade de Sobradelo (Xunqueira de Ambía), lugar onde naceu e onde terá unha das súas paradas o 4 de xuño. A fronte da locomotora do Tangaraño vai Rochi Novoa, poeta ourensá, que organiza este evento.
Mercado Bule Bule en Xunqueira de Ambía
A primeira parada será en Xunqueira de Ambía. Os días 28 e 29 de maio, a Colexiata de Xunqueira acollerá unha feira de artesanía e produtos locais. Na súa primeira edición, o mercado Bule Bule contará cunha participación de 19 postos. A maiores do mercado, a organización contará coa participación da aula de danza da Universidade de Vigo e do grupo de danza A casa da vella que actuarán nas escolas vellas.
Tangaraño Cultural en Sobradelo
A seguinte semana, o Tangaraño fará parada en Sobradelo (Xunqueira de Ambía), casa do festival. A xornada do 4 de xuño contará cun programa de actuacións de primeiro nivel. Sergio Tannus, Quico Valeiras ou Anxo Moure forman parte do programa.
- 11:30h
Benvida do IX Tangaraño Cultural
Solista Pichón - 12:15h
Sesión vermú de Rock&Roll
Dani Soldevilla - 13h
Aurelio Prado - 14h
Xantar Tangaraño - 16h
Andrés Fernández
Carlos Rafael - 17h
Anxo Moure
Ico Ourense - 18h
Anthony Corner
Quico Valeiras - 19h
Roberto Sobrado
Belen de Andrade - 20h
Trovare Formael
Lady Alpaca - 21h
Sérgio Tannus - 22h
David Gándara
Alexandre Cabanelas - 00h
Jam Sessión
Queimada
Tangaraño en Baños de Molgas
A terceira e definitiva parada do Tangaraño 2022 será no concello de Baños de Molgas. A Schola Cantorum (Coro Universitario do Campus de Ourense) ofrecerá unha sesión vermú. Despois, gozaremos co Rock&Roll de Daniel Soldevilla.