O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o circuíto da Autoescola Sanfrande no Pereiro de Aguiar para presentar a segunda convocatoria de axudas para obter o certificado de aptitude profesional (CAP) e os permisos de condución das clases C e D.
O programa, dotado cun millón de euros, busca facilitar a incorporación de condutores profesionais ao mercado laboral e mellorar a súa empregabilidade.
A Xunta lanza axudas para condutores profesionais
A convocatoria inclúe dúas liñas: unha para subvencionar os cursos CAP e outra para os permisos de condución das clases C, C+E, C1, D e derivadas. As axudas poden chegar aos 1.200 euros por persoa, con límites que poden alcanzar os 3.900 euros no caso de combinar ambas liñas.

As persoas beneficiarias deberán realizar e superar os cursos no período subvencionable, entre o 31 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, e cumprir os requisitos de presentación aos exames. Os pagamentos deberán realizarse dentro dese prazo e non se admitirán en efectivo.

