Conoce Ourense

Banda de Música Municipal de Celanova

Información sobre a Banda de Música Municipal de Celanova. Breve texto sobre unha das bandas máis antigas de Galicia.

No verán de 1850, a corporación municipal que gobernaba naquel intre o Concello de Celanova e que estaba presidida por Xosé Benito Reza, resolve adquirir unha vintena de instrumentos que serían destinados para a «música municipal» e que lle suporían ás arcas un desembolso de 2.964 reais, completado ó pouco tempo con 220 máis que lle quedaran debidos ó director da mesma.

Banda de Música Municipal de Celanova

Este foi o comezo da nosa historia, que na actualidade é unha institución que conta con máis de 150 anos de historia materializados na Banda de Música Municipal de Celanova, dirixida por Miguel Pérez Lorenzo, unha Banda Xuvenil, diversos conxuntos musicais e a Escola de Música da Banda de Celanova. Esta escola conta con máis dun cento de estudantes que garanten o futuro musical da vila e representan o sustento das bandas de música populares.

Banda de Música Municipal de Celanova
Foto: Banda de Música de Celanova

Ano de Fundación: 1850

Nome do director: Miguel Pérez Lorenzo

Número aproximado de integrantes: 50

Contacto: contacto@bandadecelanova.org ; Tel: 660649995

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba