O concello de Barbadás abre a inscrición para o programa Concilia Verán 2023 que se realizará nas distintas parroquias durante os meses de xullo e agosto.
Xa está aberto o prazo de inscrición para que as familias de Barbadás anoten ós seus nenos e nenas nos Campamentos que o concello oferta para o verán.
Barbadás abre a inscrición para o Concilia Verán 2023
Organizados nas parroquias por quincenas, o prazo de inscrición rematará o 12 de maio. Poderán anotarse neste programa de conciliación aqueles nenos e nenas nados entre 2011 e 2019.
A solicitude pode presentarse nas oficinas municipais ou mediante a sede electrónica do concello. O custe do campamento «Barbadás Concilia Verán 2023» será de 20€/quincena. O concello oferta a actividade en Barbadás, As Lamas, A Valenzá, Loiro, Bentraces, Finca Fierro, Loiro, Parada, Piñor, Sobrado e Santa Uxía.