A quinta edición do Barbadás Gaming celebrarase na Casa da Mocidade de Barbadás os días 31 de marzo e 1 de abril cun programa de lecer tecnolóxico dirixido á mocidade a partir dos 12 anos.
O evento, impulsado polo Concello de Barbadás, ofrecerá competicións e xogo gratuíto, ademais de realidade virtual, simuladores de condución e consolas PlayStation 5.
O V Barbadás Gaming regresa na Semana Santa
“É un evento xa consolidado durante a Semana Santa para o desfrute da nosa mocidade”, destaca o alcalde Xosé Carlos Valcárcel, que anima á participación.

O horario será de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h durante ambas xornadas. Ademais, haberá persoal municipal para atender dúbidas das persoas participantes.
O rexedor lembra tamén a importancia de ofrecer alternativas de lecer á poboación nova e de dar a coñecer as instalacións da Casa da Mocidade, abertas durante todo o ano.

