Noticias

Barbadás presenta unha nova edición do Paseo da Saúde

O concello de Barbadás presenta unha nova edición do Paseo da Saúde que neste 2023 terá como lema «prevención e saúde».

A Casa da Mocidade de Barbadás acolleu a presentación do 3º Paseo da Saúde de Barbadás. Nesta edición, quince asociacións do ámbito sanitario participarán neste evento.

Barbadás presenta unha nova edición do Paseo da Saúde

No acto de presentación estiveron presentes os concelleiros de Barbadás Victoria Morenza (tenente de alcalde), Elisabeth González (saúde) e Daniel Rey (emerxencias). En representación das entidades participantes interviron Carmen Aragonés (AECC en Ourense), Tania Freire (Querendo – mulleres con endometrose) e Lucía Maceiras (Asociación Autismo Ourense).

Barbadás presenta unha nova edición do Paseo da Saúde
Foto: concello de Barbadás

Esta nova edición do Paseo da Saúde será o xoves, 21 de setembro, no entorno da rotonda da Familia. Elisabeth González destaca a presenza das quince asociación que «estarán con todos nós para ofrecernos información, obradoiros didácticos e interesantes para toda a poboación, polo cal quero convidarvos a todos e todas para que vos acheguedes a coñecelas».

  • Afaor,
  • Alcer,
  • Auria,
  • AECC,
  • Aodemper,
  • Por Eles TEA,
  • Affou,
  • Accu,
  • Querendo,
  • Autismo Ourense,
  • Asociación de Celíacos de Galicia,
  • Renacer,
  • AFEM-Morea,
  • Aseia Galicia e
  • Fundación Neuroburgas.

Membros do equipo de atención primaria do centro de Saúde da Valenzá tamén participarán neste evento. «Este Paseo da Saúde é un evento que dá a oportunidade á cidadanía de coñecer de preto o seu traballo e de profundar en aspectos da atención primaria que descoñecían» sinalou Victoria Morenza.

Entre as actividades previstas figuran uns obradoiros de primeiros auxilios nos que participará o alumnado dos colexios públicos de Barbadás. Estas actividades estarán abertas tamén á participación da cidadanía.

Botón volver arriba