O concello de Barbadás reforza a actividade do Museo da Gaita de Fol ampliando o horario de visitas para permitir unha maior afluencia de visitantes.
A partir do martes, 26 de setembro, comezará o novo horario de visitas deste museo que recibe numerosas visitas de centros educativos, asociacións e público en xeral.
Barbadás reforza a actividade do Museo da Gaita de Fol
O novo horario para coñecer de preto a historia da Gaita de Fol desde a idade media ata a actualidade permitirá tamén ver as ferramentas utilizadas polos artesáns e os materiais utilizados. Comezando na idade media, o Museo da Gaita de Fol permitirá que realicemos unha viaxe no tempo ata a actualidade e coñezamos mellor a historia deste instrumento.
Horario de visitas do Museo da Gaita de Fol en Barbadás
Martes a venres – de 16 a 19h
Sábados – de 11 a 13h