Noticias

Barbadás reparte 6.000 euros no Desfile de Entroido

O concello de Barbadás reparte 6.000 euros en premios no desfile de Entroido que se celebrou o martes, 13 de febreiro de 2024 polas rúas da Valenzá.

As máis de 20 comparsas e carrozas participantes neste evento competiron polos premios que a organización repartiu.

Barbadás reparte 6.000 euros no Desfile de Entroido

Entre todos os participantes sumaron un cifra próxima ós 1.000 participantes que mostraron a súa mellor versión ante o numeroso público que se achegou a presenciar o Desfile de Entroido de Barbadás.

Entre os premios outorgados destacan os primeiros premios das categorías comparsas e carrozas cunha cantidade de 1.000 euros.

Comparsas

  • 1.- OULIMPIADAS: 1.000 euros.
  • 2.- OS CHAPUZAS DE AS LAMAS: 750 euros.
  • 3.- O BOSQUE ENCANTADO: 550 euros.
  • 4.- FESTA NO MUNDO MÁXICO (OS REXOUBEIROS): 550 euros.
  • 5.- AS CORES DO OCEANO DA FINCA FIERRO: 300 euros.
  • 6.- A COPA É NOSA: 300 euros.

Carrozas

  • 1.- OS LOLAILOS POR EGIPTO: 1.000 euros.
  • 2.- A TRIBÚ: 750 euros.
Barbadás reparte 6.000 euros no Desfile de Entroido
1º premio da categoría Carrozas. Foto: Concello de Barbadás

Outras categorías

Individual

  • 1.- A LAVANDEIRA: 200 euros.

Parellas/tríos

  • 1.- VOANDO VOU: 300 euros.
  • 2.- LA ERA DEL HIELO: 150 euros.
  • 3.- 1877 PRIMER HOMBRE BALA FUE UNA MUJER ZAZEL: 100 euros.

Concurso de Mecos

  • 1.- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN BIEITO DE BENTRACES: 300 euros.
  • 2.- COMUNIDAD DE PROPIETARIOS RÚA DOS CARRIS Nº5: 200 euros.
  • 3.- Mª PILAR PIA ATANES: 100 euros.

Botón volver arriba