Eventos

Barbadás terá unha ludoteca durante o Nadal

O concello de Barbadás terá unha ludoteca durante o Nadal 2022 para colaborar coas familias na conciliación laboral e familiar.

Durante as vacacións de Nadal, os nenos e nenas de Barbadás poderán gozar coa celebración dunha ludoteca gratuita organizada polo concello.

Barbadás terá unha ludoteca durante o Nadal

Esta proposta de conciliación terá un claro contido lúdico coa realización de xogos, cinema ou traballos manuais. 50 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán optar ás plazas da ludoteca de Nadal. Durante 5 horas diarias, este espazo de ocio será un bo aliado das familias.

No products found.

Datas e horario da ludoteca de Nadal de Barbadás

A ludoteca de Nadal de Barbadás estará en funcionamento no espazo infantil (A Solaina) os días:

  • 23 de decembro – venres
  • 26 a 30 de decembro – luns a venres
  • 2 a 5 de xaneiro – luns a xoves

O horario da ludoteca será de 9 a 14h (5 horas de duración)

Información e inscrición na ludoteca

As prazas na ludoteca adxudícanse de forma directa si non se cubren as cotas establecidas en cada franxa de idade. No caso de existir máis solicitudes que prazas, os criterios serán:

  • Estar empadroado en Barbadás
  • O horario de traballo dos proxenitores coincide coa actividade
  • Se persiste o empate o último criterio será o sorteo realizado para a admisión de alumnado no curso 22/23.
Barbadás terá unha ludoteca durante o Nadal

A ludoteca estará organizada en dúas franxas de idade:

  • 25 prazas para nenos e nenas con idades de 3 a 6 anos (ámbolos dous incluidos)
  • 25 prazas para nenos e nenas con idades de 7 a 12 anos (ámbolos dous incluidos)

O prazo de inscrición estará aberto entre o 28 de novembro e o 9 de decembro de 2022. O listado de admitidos publicarase o martes, 13 de decembro.

Publicaciones relacionadas

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba