Noticias

O BNG abandona a Xunta de Área

O BNG abandona a Xunta de Área prevista para este martes ó non comparecer o Director Xeral de Recursos Humanos.

A recente sentenza que anulaba o Capítulo I do Orzamento de 2020 ten consecuencias para varios traballadores do concello de Ourense.

O BNG abandona a Xunta de Área

«Á vista da sentenza, o Director Xeral de Recurso Humanos debe explicar cales son as consecuencias desta sentenza, a cantas persoas afecta e como teñen previsto executala» indica Luís Seara, portavoz nacionalista no concello de Ourense.

«Sabíamos que as consecuencias económicas eran as máis inmediatas e visibles mais intuíamos que non ían ser as únicas. Agora queda acreditado que así era e por iso solicitamos a comparecencia do máximo responsable de persoal do Concello».

O BNG abandona a Xunta de Área

A incomparecencia do Director Xeral na Xunta de Área é para Seara «unha tomadura de pelo e unha falta total e absoluta de respecto ao traballo que lexítimamente facemos desde o BNG». Entende Seara que «o Goberno Local non pode nin dar a calada por resposta nin moito menos tomarnos o pelo».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.