Noticias

O BNG afea as afirmacións do Tribunal de Contas

O grupo municipal do BNG de Ourense afea as afirmacións vertidas polo Tribunal de Contas no que puña en duda o reparto e xustificación dos fondos outorgados ós partidos.

Luís Seara, portavoz nacionalista, mostrou o seu malestar ante a «escasa concreción do Tribunal á hora de atribuír esas supostas irregularidades ou ese reparto sen criterio dos cartos, estendendo a dúbida sobre todos os Grupos municipais».

O BNG afea as afirmacións do Tribunal de Contas

Esta situación deriva dun informe do Tribunal de Contas no que «afea o reparto sen criterio obxectivo nin control así como de posibles irregularidades das asignacións que reciben os diferentes Grupos municipais».

Ante esta acusación, Seara recorda que «desde o BNG axustámonos aos establecido na Base 41 das Bases de execución do Orzamento de 2020, prorrogado e actualmente en vigor, tanto no tocante ao uso que se pode facer da asignación como da realización dunha contabilidade anual que presentamos, como é preceptivo, no primeiro trimestre de cada ano».

O BNG afea as afirmacións do Tribunal de Contas
Foto: BNG

O 7 de marzo foi o día na que o BNG remitiu a «documentación tanto a Intervención municipal para a súa fiscalización, como ao Concelleiro delegado de Servizos Xerais para a súa publicación no portal de transparencia da web municipal co obxecto de que estea a disposición de toda a veciñanza, pois son cartos públicos e a nosa obriga é render contas sobre o uso que facemos dos mesmos».

Botón volver arriba