O BNG critica o uso partidista de recursos públicos que realizou Democracia Ourensana con claros fins electoralistas a 10 días das eleccións autonómicas.
Esta denuncia do BNG é pola cartelaría que colocou o concello en dous puntos da cidade. En ambos casos, os carteis indican que a responsable de reparar as deficiencias das dúas infraestruturas é a Xunta de Galicia.
O BNG critica o uso partidista de recursos públicos
Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense indicou que «resulta insultante que agora o Goberno Local sinale e denuncie a mala execución das obras en Marcelo Macías cando o Concello recepcionou ás mesmas con varios informes elaborados polos técnicos municipais nos que xa se advertían as múltiples deficiencias durante a execución das mesmas, algo que por certo, denunciamos desde o BNG mesmo no Parlamento galego».
Ante esta situación, Seara ten claro que «Jácome non pode botar balóns fora e pórse de perfil». O portavoz nacionalista incide na «corresponsabilidade entre a Xunta e o Concello, uns pola mala execución da obra e os outros por recepcionala pese a ter informes técnicos en contra».